20 de maio – 18º Día Mundial dos Dereitos do Nacemento

Rede CRIA participará na campaña «SOS Nacementos: a voz dos bebés», a través da Plataforma ProDerechos del Nacimiento
Farao durante a Semana Mundial do Parto e Nacemento Respetados, concretamente o día 20 de maio ás 18:00 h na Casa da Xuventude, onde se emitirá un video co título da campaña «SOS Nacementos: A voz dos bebés».

Esta campaña basease na insistencia por parte da Plataforma e os seus colaboradores, en concienciar o respecto polo nacemento. É dicir, evitar as prácticas dañinas que de maneira habitual se producen durante os nacementos.

Dende a nosa asociación quixemos aceptar a invitación para participar, apoiar e colaborar nesta campaña.

A maneira de facelo, ademáis de emitindo o video comentado, será difundindo o seguinte decálogo de actuacións prexudiciais para o recién nado que se deberían modificar e/ou abolir:

  1. Inducción o parto sen motivo de perigo.
  2. Acelerar o proceso de nacemento.
  3. Non contemplar outros efectos da anestesia epidural.
  4. Extraer ó bebé mediante forza desmedida.
  5. Practicar cesáreas fóra dunha situación de perigo.
  6. Separación entre nai e bebé.
  7. Desnaturalización do nacemento.
  8. Eliminar as defensas naturais polo baño rutineiro.
  9. Interferir na lactación materna.
  10. Realizar ingresos neonatais sen razóns xustificadas.

Rede CRIA comprácese en invitarvos a todos ó visionado do video e posterior debate.

Para máis información podes descargar o folleto da campaña neste enlace.

Pregamos confirmación de asistencia mandando mail a info@ redecria.es

Data: Sábado, 20 de maio

Horario: de 18 a 20 h.

Lugar: Casa da Xuventude (Vigo)

Se che gustou, comparte!

2 thoughts on “20 de maio – 18º Día Mundial dos Dereitos do Nacemento

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *