Rede CRIA participará na campaña «SOS Nacementos: a voz dos bebés», a través da Plataforma ProDerechos del Nacimiento.
Farao durante a Semana Mundial do Parto e Nacemento Respetados, concretamente o día 20 de maio ás 18:00 h na Casa da Xuventude, onde se emitirá un video co título da campaña «SOS Nacementos: A voz dos bebés».
Esta campaña basease na insistencia por parte da Plataforma e os seus colaboradores, en concienciar o respecto polo nacemento. É dicir, evitar as prácticas dañinas que de maneira habitual se producen durante os nacementos.
Dende a nosa asociación quixemos aceptar a invitación para participar, apoiar e colaborar nesta campaña.
A maneira de facelo, ademáis de emitindo o video comentado, será difundindo o seguinte decálogo de actuacións prexudiciais para o recién nado que se deberían modificar e/ou abolir:
- Inducción o parto sen motivo de perigo.
- Acelerar o proceso de nacemento.
- Non contemplar outros efectos da anestesia epidural.
- Extraer ó bebé mediante forza desmedida.
- Practicar cesáreas fóra dunha situación de perigo.
- Separación entre nai e bebé.
- Desnaturalización do nacemento.
- Eliminar as defensas naturais polo baño rutineiro.
- Interferir na lactación materna.
- Realizar ingresos neonatais sen razóns xustificadas.
Rede CRIA comprácese en invitarvos a todos ó visionado do video e posterior debate.
Para máis información podes descargar o folleto da campaña neste enlace.
Pregamos confirmación de asistencia mandando mail a info@ redecria.es
Data: Sábado, 20 de maio
Horario: de 18 a 20 h.
Lugar: Casa da Xuventude (Vigo)
2 thoughts on “20 de maio – 18º Día Mundial dos Dereitos do Nacemento”