A importancia do control da visión nas nosas crianzas

O pasado día 9 de marzo, dende Rede CRÍA organizamos unha interesante charla impartida por dúas ópticas optometristas que nos falaron sobre a importancia da atención á visión dende a primeira infancia. Así para explicarnos un pouco máis, a nosa socia, a fisioterapeuta Yolanda García Pizarro, explícanos un pouco máis que debemos ter en conta. […]

Encontro de Tribo de Rede CRIA

Queres formar parte da tribo?

A tribo empodera os seus membros

Transfórmaos dende o interior

Racha cos que non queren que as cousas muden

Involucra a todos nun concepto de crianza tan novo coma antigo

Busca a armonía en todo o proceso

Ordena o noso mundo para dar valor ó realmente importante.

Grupo de familias, xogando e pintando durante un encontro de tribo de Rede CRIA
Encontro de Tribo de Rede CRIA

[…]

Un ano xa: GRAZAS!

Pasa o tempo pero non te decatas ata que a roupa queda pequena, ata que revisas fotos antigas, ata que alguén pregunta a súa idade ou ves algún novo logro. E se na familia ás veces o tempo voa, cando falamos dun proxecto coma éste, entón son os datos de todo o acontecido os que nos levan a facer balance. […]

Ser pai- Damos voz ós nosos socios

Dende Rede CRIA, preto de cumprir ó noso primeiro aniversario queremos felicitar a tódolos pais neste día tan importante para eles.

Aínda que a paternidade non está relacionada con cambios hormonais nin cambios físicos, a espera, as inquedanzas e os medos que chegan antes do nacemento dun fillo/a son moi parecidos ou mesmo iguais os da nai, incluso coas mesmas dúbidas que non se comparten para non asustar ou preocupar.

Nun modelo de crianza baseado no apego seguro e cunha aposta pola lactación materna, o papel do pai pode parecer secundario sobre todo nos primeiros días e mesmo meses, pero sen dúbida ten unha labor esencial no apoio e fortalecemento da familia e do vínculo da nai co bebé.

Pero para falar das sensacións e sentimentos que implican convertirse en pai, mellor damos voz ós nosos socios que nunhas liñas nos falan de que supuxo para eles ser pais e como o afrontan no seu día a día.
[…]

Nacendo, lactando, criando – Relato de parto no Día Internacional da Muller

Hoxe celébrase un día especial e reivindicativo. Tal día como hoxe, 8 de marzo Día Internacional da Muller, as familias que compoñen Rede Cría queremos outorgar sustento á voz de todas as mulleres e manifestamos a loita por un parto, un nacemento e unha crianza respectadas.

[…]