A necesidade dunha tribo

A necesidade dunha tribo

Di un antigo proverbio africano que “para educar a un neno fai falla toda a tribo”. Pero no gran mundo occidental quedámonos sen elas. Perdeuse este concepto.

Todas aquelas familias que crían nenos pequenos precisan dun apoio, acompañamento, solidariedade, comprensión e protección doutros membros da nosa tribo.

Cómo e cando quedamos sós?

Ás veces, o home non é un lobo para o home, como dicía Hobbes. Ás veces é mellor viaxar en rabaño.

Ter un fillo é unha das experiencias máis comúns da humanidade, pero estamos peor preparados que nunca para ese trance. Vivimos de costas á nosa propia natureza, tan dependente dos coidados dos demáis.

Que funcións cumpre unha tribo ‘moderna’?

Unha verdadeira tribo contén no seu seo estructuras, estratexias para coidar aos seus membros, a todos eles; grandes e pequenos. O sentido de ser tribo é Coidar A Vida en tódalas súas idades e manifestacións, para sobrevivir, prosperar e até ser feliz na medida do posible.

Deste xeito, unha tribo xira ó redor dos coidados, de principio a fin, e se organiza ó redor desta necesidade e ‘deber’ fundamental.

A tribo danos ese apoio que ás veces precisamos, esa palmadiña nas costas ou ese truco perfecto que pode salvarnos cando xa non sabemos se fuxir ó ‘Thelma e Louise’. Ou simplemente fainos sorrir, respirar e pensar que nada é eterno.

Ser parte dunha tribo fai que retrocedamos millóns de anos cara esa necesidade de pertenza a un grupo, de ser aceptado por outros. Para que? Para a nosa supervivencia. Porque a crianza tamén ten moitos momentos de soidade, de incomprensión, de medo. E alí fóra hai máis xente coma nós, coma ti e coma min, precisando a súa tribo.

Pódeche interesar:
¿Dónde está mi tribu? Carolina del Olmo
http://blogs.culturamas.es/anamarch/2013/10/22/donde-esta-mi-tribu-maternidad-y-crianza-en-una-sociedad-in undividualista/
La maternidad y el encuentro con la propia sombra. Laura Gutman
http://www.lauragutman.com.ar/libros/la-maternidad-y-el-encuentro-con-la-propia-sombra/

Se che gustou, comparte!

3 thoughts on “A necesidade dunha tribo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *