A nosa volta á rutina – Setembro en Rede CRIA

O mes de setembro, mes de volta á rutina, ós horarios e ós paraugas, foi de encontros para Rede CRIA e tamén de colaboración con outras entidades coa nosa mesma filosofía de crianza.

O mal tempo anulou a nosa habitual xuntanza de tribo en Castrelos, emprazamento ó que diremos adeus mentres o mal tempo se instale. Asimesmo, o peche da Casa da Xuventude os sábados faranos mudar o espazo das xuntanzas agora que os días se acurtan e chega o frío.

A primeira colaboración, que continuará durante todo o curso, é coa sociedade Miudiño. Con eles, dende outubro, comezaremos o curso “Xogo e Aprendizaxe en Familia”, que foi presentado en San Xoan de Freixo o pasado 2 de setembro para comezar as sesión mensuais os sábados polas mañás pero que, tra-la súa aceptación/acollida, vai crear un no o grupo os segundos luns de cada mes.

Estrafalaria foi a proposta cultural do sábado 16. Nela, a modo de contacontos no Centro Cívico de Teis, gozamos dun espectáculo teatralizado, da man de Xarope Tulú, que encandilou a todos os asistentes coas súas representacións.

O luns 25, aproveitando que a volta ó ritmo do curso xa estaba consolidada, reunímonos nas instalacións de Foresta para, coa súa colaboración, levar a cabo unha xuntanza que aunou a nosa necesidade de tribo coa presentación da asociación nun novo contorno que resultou ser moi adecuado para as nosas necesidades ó ser un espacio aberto e adaptado á cativanza.

E rematamos este mes cunha charla sobre Alimentación infantil de 0 a 2 anos, impartida por Marta Losada Terneiro, nutricionista e dietista, especialista en nutrición clínica e pediátrica que nos falou sobre os aspectos a ter enconta, os cambios na alimentación, o BLW, o uso da sal e o azucre e botou luz sobre as crenzas e erros máis cotiás ademáis de resolver dúbidas das familias asistentes.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *