Un ano xa: GRAZAS!

Pasa o tempo pero non te decatas ata que a roupa queda pequena, ata que revisas fotos antigas, ata que alguén pregunta a súa idade ou ves algún novo logro. E se na familia ás veces o tempo voa, cando falamos dun proxecto coma éste, entón son os datos de todo o acontecido os que nos levan a facer balance.

Xa case pasaron dous anos dende que a idea de Rede CRIA comezou a xestarse e un ano dende que por fin tomamos forma como Asociación.

Un ano de moita ilusión e tamén de moito traballo e esforzo por parte de cada familia socia e de grande implicación da Xunta e de tódolos membros de cada comité de traballo. Así se puideron levar a cabo reunións de tribo, charlas, talleres informativos e actividades de ocio familiar sempre baixo a premisa de ser actividades conforme a unha Crianza Respectuosa Informada e con Apego e as que asistiron familias socias e non socias e nas que a cativanza sempre foi benvida.

Este proxecto estase a afianzar como referente de crianza respectuosa en Vigo ó carón de asociacións e colectivos máis veteráns.

A festa do primeiro aniversario

E con gran ilusión queremos festexar que esta gran familia medra e disfruta xunto a quen nos apoia dende o comezo e quen ven de descubrirnos.

Así, o próximo domingo 3 de xuño celebraremos a 1ª Festa Rede CRIA no CSCD As Pedriñas.

Vos esperamos para agradecervos chegar ata aquí e así organizamos unha xornada de ledicia cun concerto, contacontos, xogos tradicionais, charlas e actividades para a cativanza, as embarazadas e as familias en xeral así coma un pequeno mercadillo para que entre todos festexemos este primeiro de moitos anos xuntos.

 

Toda a información desta gran festa en este enlace 🙂

Se che gustou, comparte!

1 thought on “Un ano xa: GRAZAS!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.