Obradoiros Rede CRIA e MIUDIÑO

Rede CRIA organiza xunto coa Sociedade Cooperativa Galega MIUDIÑO unhas interesantes propostas de obradoiros para as familias.

Como xa gran parte de vos coñece, MIUDIÑO aposta por unha crianza respectuosa, promovendo un achegamento á natureza e ó xogo libre, premisas que comparte con Rede CRIA, polo que as propostas que vos facemos son as seguintes:

Programación dos obradoiros

Realizarase un obradoiro o mes, dende outubro 2017 ata maio de 2018. Intentaráse que sexa o primeiro sábado de cada mes de mañá e duración estimada de cada sesión é de 90 minutos. (anque esto pode sufrir modificacións).

Temos confirmados os tres primeiros obradoiros que tratarán sobre:

  • 7 de Outubro: O xogo na infancia. Necesidades.
  • 4 de Novembro: Os xoguetes.
  • 2 de Decembro: Recoñecemento emocional

E posteriormente están previstos realizar outros ata maio de 2018 con temas como “Acompañamento emocional. Rabietas e celos”, “Comunicación en familia”, “Educar a autoestima”, “Poñendo límites” e “Alternativas ao castigo”.

Quen imparte os obradoiros?

Os obradoiros serán impartidos por Judit Santos Almeida (Psicóloga colexiada nº G3995).

Prezo dos obradoiros e xeito de pago

Cada obradoiro se abonará in situ o mesmo día do obradoiro á poñente.

*Prezos para familias socias de Rede CRIA:

1 adulto e nenos: 13 € por obradoiro

2 adultos e nenos: 18 € por obradoiro

*Prezos para familias non socias de Rede CRIA:

1 adulto e nenos: 15 € por obradoiro

2 adultos e nenos: 20 € por obradoiro 

Cal é o obxectivo destes obradoiros?

O obxectivo xeral é proporcionar un punto de encontro, de xogo, de aprendizaxe e resolución de dúbidas para as familias principalmente con nenos de 0-3 anos. Conseguirase proporcionar as familias ferramentas (teórica e prácticas) sobre o xogo e os xoguetes, sobre o recoñecemento e xestión emocional e ferramentas para establecer unha convivencia respectuosa no fogar, ademais de mostrar contos e música editados.

Inscricións

As inscricións realizaránse mandando mail a info@redecria.es

Pregamos especifiquedes o nome dos asistentes e a idade dos cativ@s e unha vez inscritos, pregamos tamén a máxima seriedade, é dicir, se alguén non puidera asistir que nolo comunique o antes posible para poder cubrir esa vacante.

O aforamento é limitado.

Familias interesadas nos obradoiros

Propoñemos un primer obradoiro que se celebrará o vindeiro 2 de setembro ás 11:00 h. no Local da Comisión de Festas de San Xoan de Freixo (ao lado da Capela de San Xoan).

Neste obradoiro farase unha presentación gratuíta, na que as familias que asistan poidan ver unha representación do material mostrado, coñecer o funcionamento e a temática proposta e aclarar dúbidas.

De modo que se a vosa familia está interesada en asistir a este primer obradoiro, facede a vosa inscrición canto antes!!

Nota: o horario dos obradoiros está cadrado coa única liña de bus do Vitrasa que se dispón nesta zona de Vigo. A liña de bus a L17 dispoñíbel por Policarpo Sanz ás 10:15 h. e polo Pavillón de Castrelos ás 10:25 h. (importante: non hai máis liñas nin horarios de bus compatibles).

Se che gustou, comparte!

1 thought on “Obradoiros Rede CRIA e MIUDIÑO

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.