Encontro de Tribo de Rede CRIA

Queres formar parte da tribo?

A tribo empodera os seus membros

Transfórmaos dende o interior

Racha cos que non queren que as cousas muden

Involucra a todos nun concepto de crianza tan novo coma antigo

Busca a armonía en todo o proceso

Ordena o noso mundo para dar valor ó realmente importante.

Grupo de familias, xogando e pintando durante un encontro de tribo de Rede CRIA
Encontro de Tribo de Rede CRIA

[…]

Ser pai- Damos voz ós nosos socios

Dende Rede CRIA, preto de cumprir ó noso primeiro aniversario queremos felicitar a tódolos pais neste día tan importante para eles.

Aínda que a paternidade non está relacionada con cambios hormonais nin cambios físicos, a espera, as inquedanzas e os medos que chegan antes do nacemento dun fillo/a son moi parecidos ou mesmo iguais os da nai, incluso coas mesmas dúbidas que non se comparten para non asustar ou preocupar.

Nun modelo de crianza baseado no apego seguro e cunha aposta pola lactación materna, o papel do pai pode parecer secundario sobre todo nos primeiros días e mesmo meses, pero sen dúbida ten unha labor esencial no apoio e fortalecemento da familia e do vínculo da nai co bebé.

Pero para falar das sensacións e sentimentos que implican convertirse en pai, mellor damos voz ós nosos socios que nunhas liñas nos falan de que supuxo para eles ser pais e como o afrontan no seu día a día.
[…]

Nacendo, lactando, criando – Relato de parto no Día Internacional da Muller

Hoxe celébrase un día especial e reivindicativo. Tal día como hoxe, 8 de marzo Día Internacional da Muller, as familias que compoñen Rede Cría queremos outorgar sustento á voz de todas as mulleres e manifestamos a loita por un parto, un nacemento e unha crianza respectadas.

[…]

A paz trabállase na crianza

O mes de xaneiro, que comeza cos bos desexos por un ano fantástico con brinde e celebracións, remata co Día da Non Violencia e a Paz, unha xornada especial chea de actividades nas escolas infantís e colexios para ensinar ás futuras xeracións a vivir en harmonía.

Con todo, non podemos abstraernos do día a día e basta só con abrir un xornal, ver ou escoitar as novas para descubrir que o mundo, así en xeral, non avanza neste obxectivo.

[…]